Lusko Fusko
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Ir abajo

XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense Empty XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Mensaje por cobinho Sáb Oct 04 2008, 20:04

A FESTA GALEGA DO COMIC

Programa

EXPOSICIÓNS:

Rachel Deville

Rachel Deville (Firminy, 1972), francesa afincada en Barcelona desde hai uns anos, é autora do álbum Lobas (Ediciones Sins Entido, 2007), unha reflexión autobiográfica sobre a súa condición de irmá xemelga, que parte de mitos como o de Rómulo e Remo. No Museo Municipal

Enrique Flores

Enrique Flores (1967), ilustrador habitual en medios como El País, é colaborador de revistas de BD como Dos Veces Breve, e autor, xunto con Felipe Hernández Cava no guión, do álbum Bebop (Edicions de Ponent, 2000), unha espléndida crónica sobre o jazz dos cincuenta e os seus músicos. www.4ojos.com No Museo Municipal

Filipe Abranches

Filipe Abranches (Lisboa, 1965) iniciouse como autor de BD en 1979, e ten editados unha decena de álbums individuais; ademais, publicou traballos en numerosos medios portugueses e internacionais. Esta exposición retrospectiva, a cargo do Centro Nacional de Banda Desenhada e Ilustração da Amadora, inclúe pranchas de obras súas como O diário de K, Al'Mutamid, 16-1 e Pássaros. http://filipeabranches.blogspot.com No Museo Municipal

Certamen Injuve de Cómic e Ilustración 2007

Gañadores das dúas modalidades do prestixioso certame do Instituto de la Juventud. Obras de Daniel García Cuenca, Martín Romero, Clara-Tanit Arqué, Ferran Esteve e Esteban Hernández, na modalidade de cómic, e de Raquel Marín, Nikolay Troshinsky, Ketodiko (Francisco Pereira), Martín Romero, Boris Rodríguez, Cinta Fosch e Kike De La Rubia na de ilustración. No Museo Municipal

Romeo e Xulieta / Tirant lo Blanc

Avance das adaptacións destes grandes clásicos da literatura á banda deseñada, a cargo de David Rubín (con guión de Ricardo Gómez) e Miguel Porto, respectivamente. Ambas as obras serán publicadas en breve por parte de SM. No Auditorio Municipal de Ourense

Delicatessen: Roque

Roque Romero (A Coruña, 1978) é licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra. Ademais de ter editado en numerosos fanzines, participou nos álbums colectivos H2Oil e Barsowia en llamas, e en 2006 obtivo un dos accésit do Certamen Injuve de Cómic e Ilustración. Acaba de ver publicado o seu monográfico dentro da serie Polaqia Sketchbook. Seguindo a tradición da mostra Delicatessen das Xornadas, Roque escolleu dez das pranchas dos seus traballos máis representativos e ofréceos comentados nesta exposición. Na Biblioteca da Universidade

20 edicións das Xornadas

Mostra retrospectiva que repasa brevemente a historia das Xornadas de Ourense: os carteis, as portadas d'O Fanzine, os premios Ourense, etcétera. Na Casa da Xuventude

GZcrea Banda Deseñada 2008

Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia. Son os traballos de Martín Romero (1.º Premio), Lola Lorente (2.º Premio), Jerónimo Piñeiro de Castro (3.º Premio) e Diego Campos Omil (Mención de honra). http://www.gzcrea.net No salón da Casa da Xuventude

ACTIVIDADES:

Cinema e BD

Proxección en 35mm de filmes relacionados coa banda deseñada internacional, en estrea na cidade. No Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo e a Federación de Cineclubes de Galicia. Prezo de entrada: 3 euros. Proxeccións en versión orixinal subtitulada.

Mércores 1 de outubro: El castillo ambulante, de Hayao Miyazaki (Xapón, 2004). Miyazaki, autor de manga e director de cinema (Nausicaä no val do Vento e Porco Rosso son mangas e filmes seus) trae esta película gañadora da Osella de Ouro no Festival de Venecia e candidato ao óscar ao mellor filme de animación. Versión orixinal en xaponés subtitulada en castelán.

Mércores 8 de outubro: Persépolis, de Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud (Francia, 2007). Marjane Satrapi codirixe a adaptación da súa obra máis coñecida, a autobiografía da súa nenez no Irán da revolución e a súa adolescencia e xuventude en Europa. Premio do Xurado no Festival de Cannes. Versión orixinal en francés subtitulada en castelán.

ENCONTROS Y PRESENTACIÓNS:

Encontro de BD

O sábado 4 de outubro, a partir das 12 h., encontros e mesas redondas cos autores das exposicións. Entrada libre. No salón da Casa da Xuventude.

Lab·Ou

Na tarde do sábado 4 de outubro, a partir das 17 h., presentación de exercicios creativos colectivos do Lab·Ou (Laboratorio Galego de BD Experimental). Nos exercicios poderá participar calquera autor de BD interesado, aínda que non forme parte do Laboratorio. Máis información: www.labou.blogspot.com Na Casa da Xuventude.

Historias de Galiza, volume 2

Nova entrega da serie de cómics de ambientación histórica con guións de Carlos Rafael Ramos e debuxos de Idoia de Luxán, Carlos Alfonzo, Juan Luis Pérez, Jaime Eizaguirre e Jerónimo Piñeiro, editada co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Presentación o mércores 8 de outubro, ás 12.00 h, na Casa da Xuventude.

BD Banda nº 3

Presentación da revista coa presenza de Miguelanxo Carvalho e Xico Paradelo. O xoves 9 de outubro, ás 19.30 h, na Livraria Torga.

Terra libre, de Fran Jaraba

Fin da triloxía iniciada con Cita na Habana, ambientada na Guerra de Independencia cubana. Presentación o venres 10 de outubro, ás 19.30 h, na Livraria Torga.

Entrega dos premios do Certame «GZcrea 2008» e do Premio Ourense de BD

O día 1 de outubro, ás 12 h, na Casa da Xuventude, farase entrega do Premio Ourense de Banda Deseñada, na súa décimo oitava edición. O premio, outorgado pola Casa da Xuventude e a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, distingue cada ano unha mellor iniciativa ou unha traxectoria en relación coa BD en Galicia; nesta ocasión concédese ao Sistema Municipal de Bibliotecas Públicas da Coruña. O galardón é unha estatuíña deseñada e realizada expresamente para a ocasión polo artista plástico Manolo Figueiras. No mesmo acto, entregaranse tamén os premios do Certame «GZcrea 2008» de Banda Deseñada.
separador
Datas:
Data de inicio: 01/10/2008
Data de fin: 18/10/2008
separador
separador
Lugar de celebración:
cuadrado
cuadrado Museo Municipal


Pódense ver as exposicións nos seguintes lugares:

-Museo Municipal

-Biblioteca da Universidade

-Auditorio Municipal

-Casa da Xuventude

-Cinebox Ourense
separador
Billeteira:
Prezo:

Entrada libre e gratuita, agás as entradas para os filmes proxectados no Cinebox Ourense (C.C.Ponte Vella), que terán un prezo de 3 euros.
separador
Organizado por:
cuadrado
cuadrado

-Casa da Xuventude

-Colectivo Phanzynex
separador
Máis información:

Patrocinan:

-Concellaría de Cultura de Ourense

-Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia

Colaboran:

-Cinebox Ourense

-CNBDI da Amadora

-Federación de Cineclubes de Galicia / Cineclube Padre Feijoo

-Festival de Cine de Ourense

-Instituto de la Juventud (INJUVE)

-Livraria Torga

-Museo Municipal

-Vicerreitoría do Campus de Ourense - Universidade de Vigo
cobinho
cobinho
Admin

Cantidad de envíos : 7
Edad : 40
Localización : noia
Fecha de inscripción : 02/10/2008

http://www.cobinho.es.kz

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.